El projecte Galauda i el seminari amb Anxo Lorenzo, a l’ABC

Un article de l’ABC de l’edició gallega, descriu la visita d’Anxo Lorenzo a Barcelona i fa referència al projecte Galauda, dirigit per Sabela Labraña, i al seminari Espanya plurilingüe? La percepció actual del plurilingüisme en la societat espanyola, organitzat conjuntament per Estudis Gallecs i Portuguesos i el CUSC.

L’article es va publicar el 2 d’abril i el podeu llegir tot seguit o clicant aquí.

Educación potencia a aprendizaxe do galego nas universidades catalanas

Unha iniciativa pioneira posibilita o estudo da lingua galega nos institutos de Cataluña

ABC / BARCELONA
Día 02/04/2011

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, viaxou esta semana ata a capital condal para manter un encontro co profesorado e cos lectores de galego que imparten clase na Universidad Autónoma de Barcelona. Durante a xuntanza, os docentes trasladáronlle a Lorenzo as necesidades actuais que o estudo desta lingua ten fóra das fronteiras galegas, entre as que fixeron especial fincapé na promoción de actividades formativas complementarias. A visibilidade dos estudos de galego nestas universidades e a investigación sobre o idioma foron outros dos temas que centraron a conversa entre Lorenzo e os profesores do centro catalán.

Proxecto Galauda

Aproveitando a súa estadía en Cataluña, o secretario interesouse polo coñecido como proxecto Galauda, unha iniciativa que posibilita que os alumnos dos centros de secundaria desta comunidade se acheguen ao idioma e á cultura galegas. A intención da secretaria xeral é a de incrementar as liñas de actuación do Galauda, unha idea que Lorenzo lle transmitiu persoalmente á coordinadora do proxecto, Sabela Labraña. No curso 2010-2011 catro institutos cataláns de Ensino Secundario ofrecen aos seus estudantes a oportunidade de achegarse ao galego a través de actividades pensadas para pór en práctica a lingua alén das aulas. Entre outras, proxéctanse visitas aos lugares galegos emblemáticos de Barcelona.

Á marxe desta entrevista, o percorrido de Lorenzo polos centros cataláns saldouse con diversas reunións, como a que mantivo cos responsables do Centro de Estudos Galegos da UAB e coa decana da Facultat de Filosofia i Lletres desta universidade, Teresa Cabré.

Do mesmo xeito, Lorenzo mantivo un encontro co decano da Facultat de Filologia da Universidade Barcelona no que o fixo partícipe dos proxectos que a secretaría ten posto en marcha en relación co sistema educativo catalán.

«España plurilingüe?»

A facultade de Filoloxía de Barcelona acolleu o seminario «¿España plurilingüe?. A percepción do plurilingüismo na sociedade española» que impartiu o propio Lorenzo. A través da súa ponencia, o representante da área da Política Lingüística expuxo as principais ideoloxías e discursos lingüísticos que existen a día de hoxe sobre as linguas oficiais do Estado español. Deste xeito, Lorenzo —que durante a súa exposición incidiu nos procesos de normalización lingüística que se puxeron en marcha a partires de 1978 e nas súas consecuencias prácticas— salientou a necesidade de «asentar o valor simbólico e práctico do plurilingüísmo na sociedade española». Para logralo, o secretario apostou «pola promoción da diversidade lingüística por parte do Estado e das comunidades autónomas» e polo coñecemento e difusión das linguas cooficiais a través de medidas como as que este departamento está a adoptar dentro e fóra de Galicia.

Anuncis

Deixa un comentari

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

Esteu comentant fent servir el compte WordPress.com. Log Out / Canvia )

Twitter picture

Esteu comentant fent servir el compte Twitter. Log Out / Canvia )

Facebook photo

Esteu comentant fent servir el compte Facebook. Log Out / Canvia )

Google+ photo

Esteu comentant fent servir el compte Google+. Log Out / Canvia )

S'està connectant a %s